0

Libros de En gallec 16 resultados

Libros Narrativa Versió original En gallec
Quitar filtros
  • (G).TEITO E DE PEDRA, O.(NARRATIVA)
    (G).TEITO E DE PEDRA, O.(NARRATIVA)
    ALONSO, ALEX
    «Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas entrañas da e...

    19,50 €

  • (G).LIBRO DAS CONTRARIAS.(NARRATIVA)
    (G).LIBRO DAS CONTRARIAS.(NARRATIVA)
    AGRA, AGUSTIN
    Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas. Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á mantenta. F...

    16,95 €

  • AS AUGAS INTERIORES
    AS AUGAS INTERIORES
    RIESTRA, BLANCA
    A protagonista de «As augas interiores» embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio. A nave non dá avanzado, xira arredor de si mesma igual ca unha obsesión ou un remorso, cústalle subir cara ás augas frías onde se amorean os restos de afundimentos e os cadáveres. Entre a tripulación, salienta o grupo dos mergullado...

    17,95 €

  • SAN METEORO
    SAN METEORO
    ARAÚJO, JOSIÑO
    O día do seu vixésimo aniversario, Pedro, quen se considera a persoa máis irrelevante do mundo, láiase da súa intranscendencia mentres contempla o seu reflexo no espello. Á noitiña, só no monte, fumando maría e filosofando sobre a vida ao pé dunha capela, ve pasar unha estrela fugaz e formula o desexo de se converter en alguén destacado. Pero aquela luz fuxidía resulta ser un ...

    16,95 €

  • CONTA, SHEREZADE
    CONTA, SHEREZADE
    TORO, SUSO DE
    Luz asiste a un curso de creación literaria e decátase de que descoñece a verdadeira historia da súa familia, da súa vida, polo que decide utilizar a escrita literaria para reconstruíla. A investigación e o proceso de documentación que leva a cabo para crear esa súa novela vital vaille ir desvelando datos e acontecementos que xa estaban aí e agardaban agochados e silenciosos n...

    17,95 €

  • O TIGRE NA BOCA DO LAGARTO
    O TIGRE NA BOCA DO LAGARTO
    DOBAO, X. ANTON
    Unha parella que se perde no medio da fraga e se reencontra, un eterno retorno entre a paixón erótica e o abismo, a vida que constrúe o desexo ou o desexo que organiza a vida, o azar e a súa tráxica e caprichosa vontade, as lóxicas do dominio e o control, da rebelión e a sabotaxe, o desafío material da realidade e as opresións do traballo, as normas do éxito e do fracaso, a lo...

    19,50 €

  • ETCETERAMENTE
    ETCETERAMENTE
    DE TORO, XELÍS
    Páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polo trasmundo interior, rebeldes contra a especulación urbanística e revolucionarios á busca do escritor, cartas a un escritor morto, a directora dunha editorial a quen non lle dan as contas, un pauto co demo, unha seita literaria que se rexe pol...

    25,50 €

  • PEQUENA MITOLOXÍA DE GALICIA
    PEQUENA MITOLOXÍA DE GALICIA
    REIGOSA, ANTONIO / MIRANDA, XOSÉ / CUBA, XOÁN R.
    As meigas, o Monte Pindo, os nubeiros, Brancaflor, os mouros, a herba de namorar, a Raíña Lupa, os moradores dos castros, o rato que leva os dentes das crianzas, a noite de San Xoán, as bruxas, o lobishome, os biosbardos, a estadea, o home do saco ou as cidades asolagadas son algúns dos habitantes desta «Pequena Mitoloxía de Galicia» escrita por Xosé Miranda, Antonio Reigosa e...

    15,50 €

  • A MONTAÑA DO POETA
    A MONTAÑA DO POETA
    REXES, LIONEL
    É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha ficción absolutamente contemporánea, unha trama que recrea o ocaso dun rural onde a mocidade loita por atopar oco e onde os anciáns, acompañados dos seus cans, matan o tempo morto legando a bagaxe d...

    18,50 €

  • ESTRANXEIRAS
    ESTRANXEIRAS
    P.G. GRANXEIRO, CARMEN
    A condutora da Kawasaki negra chega a Santa Mariña de Augas Novas sen intención de ficar, inmersa nunha fuxida que a fixo abandonar Berlín ás présas e levando consigo pouco máis que o portátil e unhas mudas. A menos de dous quilómetros, noutro punto da aldea, Maruxa recibe a súa neta Mara e a crianza desta que, coa intención de pasar o verán na casa familiar, descargan algunha...

    18,50 €

  • NARRATIVA BREVE COMPLETA
    NARRATIVA BREVE COMPLETA
    CASARES, CARLOS
    Reunimos por primera vez la"Narrativa breve completa"de Carlos Casares, figura nuclear de la literatura en lengua gallega del siglo XX, a los diez años de su fallecimiento. Un buen número de los relatos aquí incluidos no se habían traducido nunca al castellano o permanecían dispersos en periódicos, revistas y antologías; su rescate nos permite descubrir ahora una voz única, si...

    18,00 €

  • O CLAN DAS BARBIES
    O CLAN DAS BARBIES
    YAÑEZ, ANTÍA
    Nun mundo onde semella que os cartos poden comprar todo, tres persoas atópanse na clínica de fertilidade Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe. A Alma gustaríalle ser invisible, pero as cargas familiares, as do presente e as do pasado, impídenllo. Carla fixo o imposible por salvar un pai que só sabía ...

    19,95 €

  • TINA E XERO
    TINA E XERO
    RIOBÓM, PEDRO P.
    Durante o verán que separa os seus respectivos aniversarios, unha nena e un neno navegan nunha dorna até unha illa deshabitada na que, por azar, descobren un terríbel segredo que os levará a expoñerse a ameazas e perigos impropios da súa idade. Na grande aventura que vivirán, Tina e Xeró terán que encararse co mundo dos adultos, inzado de ocultacións, contradicións e desconfia...

    19,50 €

  • RETORNO
    RETORNO
    REIMONDEZ, MARIA
    Nun mundo onde a «Cobiza» deu paso á destrución, no momento en que as «Multitudes» se atopan na encrucillada, «Retorno» desentraña as capas que compoñen a cerna desta «Triloxía dos seres completos». Nesta nova e derradeira novela conflúen todas as voces, os tempos e as historias dos libros precedentes para enfrontarse a unha pregunta vital: en mans de quen deben estar as decis...

    18,95 €

  • TRAS DO CEO
    TRAS DO CEO
    RIVAS, MANUEL
    Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario», un lendario porco bravo, considerado moi perigoso, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías. No escenario agreste da batida, dúas mulleres sendeiristas afrontan unha situación de risco e os cazadores acoden n...

    19,95 €

  • O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA
    O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA
    CALLÓN, CARLOS
    Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o mét...

    27,90 €