Saltar al contenido principal
Ítaca

Ítaca

Besteiros, Mar¡A

Penélope é unha muller de corenta e cinco anos que vive co seu home, Ulises, e o seu fillo adolescente, Telémaco, no ano 2024. Forman unha familia convencional que un día recibe a inesperada noticia de que ela está embarazada. Tras o impacto inicial, nai e fillo comparten ilusión e preparativos para recibir o novo membro da familia, ante a aparente indiferenza de Ulises, os pr...

Editorial:
Xerais
Materia:
En Gallec
ISBN:
978-84-1110-621-4
Páginas:
144
17,50 €
IVA incluido
Acumula 0,88 Euros con esta compra Consulta disponibilidad Añadir a favoritos

Sinopsis

Penélope é unha muller de corenta e cinco anos que vive co seu home, Ulises, e o seu fillo adolescente, Telémaco, no ano 2024. Forman unha familia convencional que un día recibe a inesperada noticia de que ela está embarazada. Tras o impacto inicial, nai e fillo comparten ilusión e preparativos para recibir o novo membro da familia, ante a aparente indiferenza de Ulises, os prexuízos sociais e o estrito seguimento médico.
En «Ítaca», a súa primeira novela, finalista do Premio Xerais, María Besteiros emprega un estilo lírico pero contundente para enfrontarnos á desesperación dunha nai que vive por inercia e que se sente incapaz de actuar e decidir. Neste caso é ela, Penélope, quen emprende unha viaxe para atopar os fíos invisibles que tecen a súa propia identidade e transformar a súa vida cun único obxectivo: sobrevivir.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Alguen Ao Lado

Alguen Ao Lado

Quiroga, Xabier

Xerais

Luís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa». Ata que un día, inesperadamente, acompañada dun billete de avión a Marrakech, recibe unha estraña mensaxe. Esa é a chispa que lle acende de novo a existencia, a que esperta o ser sentimentalmente aletargado en q...

18,50 €
As Obras Postumas

As Obras Postumas

Giraldez, Diego

Xerais

Logo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra póstuma. Pilar, xa con moitas dificultades, vaille ditando a unha amiga que a acompaña algunhas pasaxes da súa vida e, sobre todo, a súa particular relación co centro psiquiátrico San Simeón, que contemplou dende pequena asomada á venta do seu cuarto. Mais o vínculo ...

17,50 €
Askja

Askja

Fraga, Manuel A.

Xerais

Ana viaxa polo leste de Islandia con Xurxo, a súa parella, cando a erupción do volcán Askja pon en pausa a súa vida. Confinada nunha casa de hóspedes mentres agarda a evacuación, o tempo parece dilatarse e a atmosfera faise cada vez máis irreal. Ana aproveita a paréntese para rememorar varios episodios cos homes da súa vida e decidir se realmente está namorada de Xurxo. Porén,...

17,95 €
(G). Teito e de Pedra, o. (Narrativa)

(G). Teito e de Pedra, o. (Narrativa)

Alonso, Alex

Xerais

«Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas entrañas da e...

19,95 €
(G). Libro Das Contrarias. (Narrativa)

(G). Libro Das Contrarias. (Narrativa)

Agra, Agustin

Xerais

Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas. Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á mantenta. F...

17,50 €
As Augas Interiores

As Augas Interiores

Riestra, Blanca

Xerais

A protagonista de «As augas interiores» embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio. A nave non dá avanzado, xira arredor de si mesma igual ca unha obsesión ou un remorso, cústalle subir cara ás augas frías onde se amorean os restos de afundimentos e os cadáveres. Entre a tripulación, salienta o grupo dos mergullado...

18,50 €