- Publishing house :
- OQO
- Year of edition:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-9871-725-9
- Pages :
- 36
- Binding :
- Cartoné
- Ilustración:
- TRONCATTI, GRAZIELLA
- NOLLEGIUAvailable in 1 week
- NOLLEGIU CLOTAvailable in 1 week
- NOLLEGIU PALAFRUGELLAvailable in 1 week
QUÉ ROUBO MÁIS BOUBO!
VARELA, EMMA / TRONCATTI, GRAZIELLA
Availability:
A ratiña sae da casa, apurada, a mercar comida e choca con alguén, no tumulto do mercado. De súpeto decátase de que lle roubaron a carteira e vai correndo a perseguir o culpable. A partir deste intre comeza unha disparatada historia na que as cousas non son mesmo o que semellan ser.
A desconfianza é un sentimento de dúbida que xera pensamentos negativos e fainos ver persoas deshonestas ao noso ao redor.
Con frecuencia, na infancia escóitanse mensaxes de intolerancia, opinións ou críticas que fan sentir confundidos aos cativos ou mudan o seu sentido da realidade; tamén as présas ou o xeito de vida pode facer xerar desconfianza. Aprender a confiar é indispensable para ter unha mente sa e relacións satisfactorias. Xulgar desde os feitos, atender ao que outras persoas teñen que dicir e observar a realidade sen estar á defensiva, é clave para un bo desenvolvemento. Pero este conto tamén nos ensina que o erro pode ser unha ferramenta que pode modificar unha actitude; unha oportunidade motivadora para aprender e provocar gratitude.
A ilustradora, Graziella Troncatti, á marxe de respectar a intención da autora do texto, desenvolve e enriquece a historia desde as imaxes, estimulando así a sensibilidade visual dos lectores para ampliar o significado do relato.