
- Publishing house :
- FAKTORÍA K DE LIBROS
- ISBN:
- 978-84-16721-45-0
- Pages :
- 48
- Ilustración:
- OTERO RODRÍGUEZ, PABLO
- NOLLEGIUAvailable in 1 week
- NOLLEGIU CLOTAvailable in 1 week
- NOLLEGIU PALAFRUGELLAvailable in 1 week
PARECE UNHA FORMIGA
OTERO,PABLO
Availability:
Parece unha formiga, pero é unha mancha,
é unha mancha, pero parecen pegadas,
parecen pegadas, pero son restos dunha festa,
son restos dunha festa, pero parecen os meus lunares,
parecen os meus lunares, pero é un 8 esmagado...
Poético, enigmático, reflexivo, ás veces transcendental...
"Parece unha formiga" é un conxunto de textos ilustrados,
ou de ilustracións que deviron en ideas, palabras, frases encadeadas que medran en intensidade e riqueza a cada páxina. Nesta nova obra como escritor e artista, Pablo Otero recréase
en verbalizar pensamentos, airear os recunchos esquecidos
do subconsciente, sen reparo -dende a liberdade e o desafío-
a chamar cousas ás cousas. O autor e ti na confianza dunha mesa compartida nun café ou na cercanía dun paseo a carón do río,
que é tanto como dicir na intimidade do papel. Porque este libro quere ir contigo, na túa carteira ou no teu peto, respirar o aire
que respiras, ir ao ritmo dos teus pasos, mimetizarse coa túa pel.