
- Publishing house :
- EDITORIAL GALAXIA
- Year of edition:
- 2024
- Matter :
- Narrativa
- ISBN:
- 978-84-1176-223-6
- Pages :
- 172
- NOLLEGIUAvailable in 1 week
- NOLLEGIU CLOTAvailable
- NOLLEGIU PALAFRUGELLAvailable in 1 week
OS MORTOS QUE AMEI
COLLAZO L¢PEZ, IRIA
Availability:
Celeste decidiu fuxir con 83 anos, un día de abril, o mes en que abren as rosas das cerdeiras. Atopou a maleta onde levaría as súas pertenzas entre mantas e mantóns de estopa, la e angora; blusas de seda en tons pasteis e colo con brocado; bolsos de coiro de res criada coa mesta herba eterna da Pampa; broches dourados con forma de coleópteros máxicos...
O can Elvis e o seu consogro, Antón, taxista xubilado ao que sempre acompaña o fantasma de Vita, a súa muller, serán as únicas compañías na súa longa odisea cara ao Sur. Este é o relato da súa viaxe.
En 'Os mortos que amei', Iria Collazo escribe unha road trip disparatada a través de estampas da vida e da morte dos seus avós, co humor e a tenrura como protagonistas, que contan con nostalxia unha historia de amor imposible, onde todo o que coincide coa realidade é inventado.