- Publishing house :
- OQO
- Year of edition:
- 2025
- Matter :
- De 2 a 3 anys
- ISBN:
- 978-84-9871-762-4
- Pages :
- 40
- Binding :
- Cartoné
- Ilustración:
- BANSCH, HELGA
- NOLLEGIUAvailable in 1 week
- NOLLEGIU CLOTAvailable
- NOLLEGIU PALAFRUGELLAvailable in 1 week
O SOÑO DO OSIÑO ROSA
ALIAGA, ROBERTO
Availability:
O osiño choraba desconsolado porque perdera o seu soño. A xirafa entón estirou o seu longo pescozo e buscou no ceo; o cabalo viaxeiro percorreu a terra e a ra mergullouse no fondo do río... Pero con ningunha das cousas que lle trouxeron, conseguiron que deixase de chorar. Cal é o soño dun osiño rosa?.
A xirafa leváralle unha bufanda; o cabalo, unhas ferraduras e a ra, unhas lentes de sol. Sen pretendelo, cada quen procurara o seu propio soño, e non o do osiño rosa. Só o moucho, animal asociado sempre á sabedoría, cae na conta do erro cometido e ponlle remedio.
Dunha maneira sinxela e efectiva, Roberto Aliaga preséntanos una historia coa que aprendemos que ser solidarios require poñerse no lugar dos outros e comprendelos. Cómpre algo máis que boas intencións para prestar axuda a alguén; o moucho sábeo e, antes de nada, pregúntalle ao osiño polo seu soño.
Helga Bansch, gran coñecedora do mundo da infancia, crea personaxes doces e entrañabeis, , cos que os lectores poderán identificarse. Alén diso, a ilustradora agocha en cada imaxe algún detalle, para que os máis pequenos se recreen e deixen voar a imaxinación.