- Publishing house :
- EDITORIAL GALAXIA
- Year of edition:
- 2025
- Matter :
- Narrativa
- ISBN:
- 978-84-1176-505-3
- Pages :
- 188
- NOLLEGIUAvailable in 1 week
- NOLLEGIU CLOTAvailable
- NOLLEGIU PALAFRUGELLAvailable in 1 week
(G).NAILIA.(LITERARIA)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, LOLI
Availability:
Nailía é unha historia de historias. De amor, desamor e rancor; de superación, de esperanza e de perdón.
Lía, a protagonista, nai e avoa, coidadora, tantas veces vagalume na escuridade para os seus, vai guiándonos por un universo de mulleres diferentes, de personaxes vulnerables, entrañables, mentres loita por non perderse no camiño.
A pesar dos atrancos da vida, conserva a ledicia e a bondade, a ansia por aprender e superarse, sempre coa lembranza dun idealizado amor de xuventude que a axuda a elevarse por riba da súa propia realidade.
O xurado do Premio Torrente Ballester destacou a boa narración e a axilidade da lectura, nunha novela clásica na forma e estrutura, pero moi actual no xeito de abordar o relato. Tamén salientou a representación de mulleres diversas, as imaxes poéticas e o manexo dos diálogos.
Premio TORRENTE BALLESTER 2024
- Cargando la información ...