
- Publishing house :
- XERAIS
- Year of edition:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-9121-515-8
- Pages :
- 88
- Binding :
- Rústica
- NOLLEGIUAvailable
- NOLLEGIU CLOTAvailable in 1 week
- NOLLEGIU PALAFRUGELLAvailable in 1 week
FORNELOS & FORNELOS: TERCEIRA FUNDACIÓN
QUINTIÁ, XERARDO
Availability:
A través dunha arquitectura sólida e un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental e galega, Xerardo Quintiá ofrece en Fornelos & Fornelos: terceira fundación un poemario entendido como unha proposta aberta, non pechado en si mesmo, que se revela como o fragmento dun corpo poético concibido como Obra Única. Aquí, a palabra procura redimir os espazos físicos e espirituais que o tempo converteu en ruínas, que non son outra cousa que a metáfora da propia vida. A ruína doe porque é ferida e só a través da palabra pode ser asumida dun xeito racional e á vez emotivo. Ese é o encargo do poeta: sacar á luz o que permanece agochado baixo os restos do derrubamento a través dunha escrita afastada de dogmas, que se abre ao ritmo do alento co que respira.