
- Publishing house :
- XERAIS
- ISBN:
- 978-84-9121-009-2
- Pages :
- 496
- Binding :
- Bolsillo
- NOLLEGIUAvailable in 1 week
- NOLLEGIU CLOTAvailable
- NOLLEGIU PALAFRUGELLAvailable in 1 week
FOLLAS NOVAS
CASTRO, ROSALÍA DE
Availability:
Despois de " Cantares gallegos " (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con " Follas novas " (1880). O seu lirismo intrasubxectivo e radical, lonxe do romanticismo convencional, a nova flexión realizada da alegoría nacional de Galicia e a renovada concepción estética e autónoma do feito literario acaban por selar o vigor da literatura en galego e testemuñan a apertura de horizontes do proxecto que Rosalía de Castro lideraba. Todo fai que " Follas novas " sexa considerada unha das grandes referencias da poesía galega de todos os tempos. Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín ( " A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego " ), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición crítica de " Follas novas " ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas. Imaxe de cuberta: retrato de Modesto Brocos, Fundación Rosalía de Castro.