0
UN ANIMAL CHAMADO NÉBOA

UN ANIMAL CHAMADO NÉBOA

COSTAS, LEDICIA

19,50 €
IVA inclós
Editorial:
XERAIS
Matèria:
En gallec
ISBN:
978-84-1110-462-3
Pàgines:
208

Disponibilitat:

  • NOLLEGIUDisponible en 1 setmana
  • NOLLEGIU CLOTDisponibilitat immediata
  • NOLLEGIU PALAFRUGELLDisponible en 1 setmana
19,50 €
IVA inclós
Afegir a favorits

A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir.
«Un animal chamado néboa» é un libro de relatos onde a ficción se constrúe a partir de diferentes acontecementos sucedidos durante o conflito bélico. O cerco de Leningrado, o naufraxio do buque «USS Indianapolis», os métodos de tortura da banda de criminais ao servizo do italiano Pietro Koch, a realidade das mulleres prostituídas en Mauthausen ou a terrible misión do «Enola Gay» forman parte dalgunhas das historias que compoñen este libro. Escrita de xeito directo e descarnado pero sen perder nunca de vista o contexto histórico, esta obra é un retrato desolador e emocional do comportamento das persoas en circunstancias extremas. Un pulso crítico á condición humana.

  • Carregant la informació ...

Articles relacionats

  • ALGUEN AO LADO
    ALGUEN AO LADO
    QUIROGA, XABIER
    Luís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa». Ata que un día, inesperadamente, acompañada dun billete de avión a Marrakech, recibe unha estraña mensaxe. Esa é a chispa que lle acende de novo a existencia, a que esperta o ser sentimentalmente aletargado en q...

    17,95 €

  • AS OBRAS POSTUMAS
    AS OBRAS POSTUMAS
    GIRALDEZ, DIEGO
    Logo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra póstuma. Pilar, xa con moitas dificultades, vaille ditando a unha amiga que a acompaña algunhas pasaxes da súa vida e, sobre todo, a súa particular relación co centro psiquiátrico San Simeón, que contemplou dende pequena asomada á venta do seu cuarto. Mais o vínculo ...

    16,95 €

  • ASKJA
    ASKJA
    FRAGA, MANUEL A.
    Ana viaxa polo leste de Islandia con Xurxo, a súa parella, cando a erupción do volcán Askja pon en pausa a súa vida. Confinada nunha casa de hóspedes mentres agarda a evacuación, o tempo parece dilatarse e a atmosfera faise cada vez máis irreal. Ana aproveita a paréntese para rememorar varios episodios cos homes da súa vida e decidir se realmente está namorada de Xurxo. Porén,...

    17,50 €

  • (G).TEITO E DE PEDRA, O.(NARRATIVA)
    (G).TEITO E DE PEDRA, O.(NARRATIVA)
    ALONSO, ALEX
    «Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas entrañas da e...

    19,50 €

  • (G).LIBRO DAS CONTRARIAS.(NARRATIVA)
    (G).LIBRO DAS CONTRARIAS.(NARRATIVA)
    AGRA, AGUSTIN
    Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas. Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á mantenta. F...

    16,95 €

  • AS AUGAS INTERIORES
    AS AUGAS INTERIORES
    RIESTRA, BLANCA
    A protagonista de «As augas interiores» embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio. A nave non dá avanzado, xira arredor de si mesma igual ca unha obsesión ou un remorso, cústalle subir cara ás augas frías onde se amorean os restos de afundimentos e os cadáveres. Entre a tripulación, salienta o grupo dos mergullado...

    17,95 €

Altres llibres de l'autor

  • SIETE DIENTES DE LEON
    SIETE DIENTES DE LEON
    COSTAS, LEDICIA
    En la espesura de un bosque había una casa gris donde vivía una vieja gris llamada Iris, pero una noche soñó con un color y por la mañana, sobre la almohada encontró un diente de león que no era gris. La segunda noche, la vieja soñó con otro color que no había visto y la segunda mañana encontró un segundo diente de león que tampoco era gris... Sin embargo, la tierra sigue sien...

    17,95 €

  • GOLPES DE LUZ
    GOLPES DE LUZ
    COSTAS, LEDICIA
    Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo. Malia que agoche polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e diga mentiras sen parar, Sebas adora a súa avoa. Xulia non opina o mesmo. Para ela, volver á casa familiar supón e...

    19,95 €

  • RECINTO GRIS
    RECINTO GRIS
    COSTAS, LEDICIA
    Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes...

    13,95 €

  • A LEBRE MECÁNICA
    A LEBRE MECÁNICA
    COSTAS, LEDICIA
    As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empe...

    13,50 €

  • PEL DE CORDEIRO
    PEL DE CORDEIRO
    COSTAS, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas. L...

    19,95 €

  • INFAMIA
    INFAMIA
    COSTAS, LEDICIA
    Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra. Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposi...

    19,95 €