- Editorial:
- XERAIS
- ISBN:
- 978-84-9782-430-9
- Pàgines:
- 392
- NOLLEGIUDescatalogat
- NOLLEGIU CLOTDescatalogat
- NOLLEGIU PALAFRUGELLDescatalogat
OXFORD, AMÉN
REIGOSA, CARLOS G.
Disponibilitat:
Carlos Mosqueiro, que acaba de sacar o título de Ciencias Políticas, sen avisar a pais nin noiva, abandona Madrid en tren e cruza cidades, países e mares en busca de algo que descoñece. Tras unhas xornadas nunha comuna londiniense, será en Oxford onde se enfrontará coa súa soidade.
Oxford, amén foi a primeira novela publicada en 1982 por Carlos G. Reigosa. A presente edición galega constitúe a recuperación dunha obra recibida de forma entusiasta pola crítica: " Un libro duro, frío, ambiguo, incluso roto, acerca da viaxe, o caos e a noite do futuro que chegou " (Alfredo Bryce Echenique). " Así como a inesquecible novela El Jarama de Sánchez Ferlosio foi a gran novela dos anos cincuenta e sesenta, Oxford, amén é a das dúas décadas seguintes " (Juan María Gallego Tato). " Reigosa é o noso Kerouac e Oxford, amén é o On the road que ata agora non tiñamos " (Perfecto Conde). " Un profundo diálogo cos mitos da rebeldía xuvenil de todos os tempos " (Francisco J. Satué).