Salta al contingut principal
O Libro Negro Da Lingua Galega

O Libro Negro Da Lingua Galega

Callón, Carlos

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o mét...

Editorial:
Xerais
Any d'edició:
2022
Matèria:
En Gallec
ISBN:
978-84-1110-119-6
Pàgines:
768
Enquadernació:
Rústica
28,95 €
IVA inclós
Acumula 1,45 Euros amb aquesta compra Consulta disponibilitat Afegir a favorits

Sinopsi

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos.
Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa María" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal.
Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.

Informació de seguretat

  • Carregant la informació ...

Articles relacionats

Alguen Ao Lado

Alguen Ao Lado

Quiroga, Xabier

Xerais

Luís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa». Ata que un día, inesperadamente, acompañada dun billete de avión a Marrakech, recibe unha estraña mensaxe. Esa é a chispa que lle acende de novo a existencia, a que esperta o ser sentimentalmente aletargado en q...

18,50 €
As Obras Postumas

As Obras Postumas

Giraldez, Diego

Xerais

Logo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra póstuma. Pilar, xa con moitas dificultades, vaille ditando a unha amiga que a acompaña algunhas pasaxes da súa vida e, sobre todo, a súa particular relación co centro psiquiátrico San Simeón, que contemplou dende pequena asomada á venta do seu cuarto. Mais o vínculo ...

17,50 €
Askja

Askja

Fraga, Manuel A.

Xerais

Ana viaxa polo leste de Islandia con Xurxo, a súa parella, cando a erupción do volcán Askja pon en pausa a súa vida. Confinada nunha casa de hóspedes mentres agarda a evacuación, o tempo parece dilatarse e a atmosfera faise cada vez máis irreal. Ana aproveita a paréntese para rememorar varios episodios cos homes da súa vida e decidir se realmente está namorada de Xurxo. Porén,...

17,95 €
(G). Teito e de Pedra, o. (Narrativa)

(G). Teito e de Pedra, o. (Narrativa)

Alonso, Alex

Xerais

«Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas entrañas da e...

19,95 €
(G). Libro Das Contrarias. (Narrativa)

(G). Libro Das Contrarias. (Narrativa)

Agra, Agustin

Xerais

Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas. Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á mantenta. F...

17,50 €
As Augas Interiores

As Augas Interiores

Riestra, Blanca

Xerais

A protagonista de «As augas interiores» embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio. A nave non dá avanzado, xira arredor de si mesma igual ca unha obsesión ou un remorso, cústalle subir cara ás augas frías onde se amorean os restos de afundimentos e os cadáveres. Entre a tripulación, salienta o grupo dos mergullado...

18,50 €

Altres llibres de l'autor

Maxicamente Vella, Eternamente Nova, a Literatura Tradicional Galega

Maxicamente Vella, Eternamente Nova, a Literatura Tradicional Galega

Callón, Carlos

Xerais

Por que a túa tataravoa estaría contenta co Día das Letras de 2025? Que son as "recolleitas" que fascinaron a C. Tangana? Por que os Séculos Escuros tamén foron Séculos Radiantes? Que ten a cultura tradicional galega para abrir tanto os ollos de quen a descobre? ...

11,95 €
Como Falar e Escribir en Galego con Corrección e Fluidez

Como Falar e Escribir en Galego con Corrección e Fluidez

Callón, Carlos

Xerais

De xeito desenfadado e mediante anécdotas, neste libro práctico ofrécense consellos para darmos o paso de usar o galego e para mellorarmos a nosa calidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos moitas veces non son de orixe gramatical, senón social. Este libro é útil para un público diverso, interesado na ...

14,90 €
En Castellano no Hay Pro

En Castellano no Hay Pro

Callón, Carlos

Xerais

Cun título que desde o comezo pretende provocar a reflexión, Carlos Callón une neste libro textos que abordan a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, deténdose con máis vagar na política lingüística do período do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo. Nestas páxinas o autor, ademais de rebater con argumentos algúns dos prexuízos e tópicos ...

20,95 €
Como Defenderes os Teus

Como Defenderes os Teus

Callón, Carlos

Xerais

En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque, tal e como el di, «os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións». A existencia de miles de galegas e galegos que non están dispostos a renunciar aos seus dereitos lin...

20,95 €
Galegocalantes

Galegocalantes

Callón, Carlos

Xerais

«Tócanos definir se imos permitir que destrúan o idioma propio do país ou se, polo contrario, imos ser a xeración que soubo facerlle fronte a esta lexión de enterradores», di Carlos Callón en " Galegocalantes e galegofalantes " , un libro-testemuño sobre o que lle ten acontecido á lingua galega desde que o PP retomou o poder autonómico en 2009. Nas súas páxinas analízanse as ...

20,95 €