Salta al contingut principal
O Incendio

O Incendio

Vila Alonso, Sara

Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha vo...

Editorial:
Xerais
Matèria:
En Gallec
ISBN:
978-84-1110-514-9
Pàgines:
200
19,50 €
IVA inclós
Acumula 0,98 Euros amb aquesta compra Consulta disponibilitat Afegir a favorits

Sinopsi

Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece.
Cunha voz que escribe dende a inxenuidade, a tenrura e o humor, esta novela de Sara Vila Alonso explora a intimidade dunha nena que se fai adulta nun mundo hostil e violento, pero onde tamén afloran os afectos, a amizade e o pracer. «O incendio» é un relato sobre o lume, aínda que o importante sexa todo o que sucede antes de que comece a arder.

Informació de seguretat

  • Carregant la informació ...

Articles relacionats

Alguen Ao Lado

Alguen Ao Lado

Quiroga, Xabier

Xerais

Luís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa». Ata que un día, inesperadamente, acompañada dun billete de avión a Marrakech, recibe unha estraña mensaxe. Esa é a chispa que lle acende de novo a existencia, a que esperta o ser sentimentalmente aletargado en q...

18,50 €
As Obras Postumas

As Obras Postumas

Giraldez, Diego

Xerais

Logo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra póstuma. Pilar, xa con moitas dificultades, vaille ditando a unha amiga que a acompaña algunhas pasaxes da súa vida e, sobre todo, a súa particular relación co centro psiquiátrico San Simeón, que contemplou dende pequena asomada á venta do seu cuarto. Mais o vínculo ...

17,50 €
Askja

Askja

Fraga, Manuel A.

Xerais

Ana viaxa polo leste de Islandia con Xurxo, a súa parella, cando a erupción do volcán Askja pon en pausa a súa vida. Confinada nunha casa de hóspedes mentres agarda a evacuación, o tempo parece dilatarse e a atmosfera faise cada vez máis irreal. Ana aproveita a paréntese para rememorar varios episodios cos homes da súa vida e decidir se realmente está namorada de Xurxo. Porén,...

17,95 €
(G). Teito e de Pedra, o. (Narrativa)

(G). Teito e de Pedra, o. (Narrativa)

Alonso, Alex

Xerais

«Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas entrañas da e...

19,95 €
(G). Libro Das Contrarias. (Narrativa)

(G). Libro Das Contrarias. (Narrativa)

Agra, Agustin

Xerais

Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas. Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á mantenta. F...

17,50 €
As Augas Interiores

As Augas Interiores

Riestra, Blanca

Xerais

A protagonista de «As augas interiores» embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio. A nave non dá avanzado, xira arredor de si mesma igual ca unha obsesión ou un remorso, cústalle subir cara ás augas frías onde se amorean os restos de afundimentos e os cadáveres. Entre a tripulación, salienta o grupo dos mergullado...

18,50 €

Altres llibres de l'autor

Oito Dias Sen Eva Cortes (V Premio Illa Nova Narra

Oito Dias Sen Eva Cortes (V Premio Illa Nova Narra

Vila Alonso, Sara

Editorial Galaxia

...

18,50 €