
- Editorial:
- XERAIS
- Any d'edició:
- 2016
- Matèria:
- TEATRE
- ISBN:
- 978-84-9121-128-0
- Pàgines:
- 80
- Enquadernació:
- Rústica
- NOLLEGIUDisponibilitat inmediata
- NOLLEGIU CLOTDisponible en 1 setmana
- NOLLEGIU PALAFRUGELLDisponible en 1 setmana
O CUARTO DAS ABELLAS
OTERO, ANTÍA
Disponibilitat:
Este libro nace da tensión entre o doméstico e o salvaxe. O tempo detense na formalina dos recordos e fai ecoar, nas celas da memoria, o misticismo indomábel de Emily Dickinson: «A morte -escribiu ela nunha carta- é inofensiva, coma unha abella, agás para aquelas que corren.»
"O cuarto das abellas" é unha abellariza de palabras, unha estrutura pechada e inquietante na que Antía Otero esmelga o froito dunha poesía que é, no entanto, agre, sen almibres. Porque amarga é a verdade, o amor e todo aquilo que aquí doe pola súa certeza. A autora, entre un enxame de obreiras, adéntrase cautelosa na linguaxe e comparte connosco o seu fermoso acto de risco, o perigo-mel duns versos que, coma o veleno das abellas, proen e sandan á vez.
Fran P. Lorenzo