
- Editorial:
- ASTIBERRI EDICIONES
- Any d'edició:
- 2025
- Matèria:
- Còmic / novel·la gràfica
- ISBN:
- 978-84-10332-24-9
- Pàgines:
- 184
- Enquadernació:
- Rústica
- Traductor:
- COSTAS, LEDICIA
- NOLLEGIUDisponible en 1 setmana
- NOLLEGIU CLOTDisponibilitat inmediata
- NOLLEGIU PALAFRUGELLDisponible en 1 setmana
O CORPO DE CRISTO
LEMA, BEA
Disponibilitat:
Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatra, ano tras ano, a superstición esvaécese para deixar paso ao diagnóstico. Mais, malia os malos tratos, a enfermidade e as excentricidades, o amor dunha nai e a súa filla é máis forte ca calquera outra cousa, sobrevivindo ao paso do tempo e ás tormentas. Realizada durante unha residencia na Maisons des Auteurs de Angoulême (Francia), O Corpo de Cristo é a declaración de amor dunha filla á súa nai, á que ten que coidar sendo demasiado nova, pero, máis alá da tolemia, tamén é o retrato tráxico e universal dunha muller encerrada no seu papel de filla, nai e esposa nunha España patriarcal, pobre e católica. A autora resultou gañadora do Premio Nacional de Cómic 2024 que outorga o Ministerio de Cultura e Deporte. O xurado apuntou que O Corpo de Cristo é “unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao emprego do humor e a unha mirada