- Editorial:
- OQO
- Any d'edició:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-9871-731-0
- Pàgines:
- 36
- Enquadernació:
- Cartoné
- Il·lustració:
- STARKOFF, VANINA
- Traductor:
- FERRIZ VILLALBA, PILAR
- NOLLEGIUDisponible en 1 setmana
- NOLLEGIU CLOTDisponible en 1 setmana
- NOLLEGIU PALAFRUGELLDisponible en 1 setmana
ÁRBORES NO CAMIÑO
RAYMOND-GARCÍA, REGINE
Disponibilitat:
Karim entornou os ollos para mirar ao lonxe: vía arbustos, años e cabras; pero non podía ver a súa nai. A Karim fíxoselle un nó na gorxa, e polas súas meixelas esvararon dúas bágoas enormes. Mirou a un lado e ao outro: non sabía volver.
A historia trasládanos a facilidade coa que un neno pode perderse apenas se separa da man dos pais. Noutros casos, o pequeno atopa territorio hostil ou tenebroso; aquí , a nai natureza protexe e coida a Karim como un máis dos seus fillos.
Régine Raymond-García escribiu esta historia ao volver dunha viaxe a Burkina Faso, fascinada pola consideración dos seus habitantes pola árbore vermella e polo baobab, pola súa alegría de vivir a pesar das dificultades, e por sacar proveito da natureza dun modo intelixente".
Pero este conto non se centra só no amparo que a natureza-nai ofrece ao home; tamén avisa da necesaria reciprocidade por parte do ser humano, que debe exercer a mesma protección e respecto sobre o ecosistema, para garantir a súa sustentabilidade.
Para a ilustradora, Vanina Starkoff, foi tamén como facer unha viaxe por Burkina Faso, as súas imaxes e a súa música, para mergullarse "nesas marabillosas terras africanas", traballando cunha paleta de cores "saturadas, brillantes e alegres", acrílicos sobre papel, con algunhas texturase os debuxos dixitais, segundo o estado de ánimo e as emocións polas que atravesaba Karim:amarelo e vermello para escenas onde se sente protexido, turquesas cando se sente perdido.