
- Editorial:
- KALANDRAKA
- Año de edición:
- 2012
- Materia:
- De 6 a 9 anys
- ISBN:
- 978-84-8464-710-2
- Páginas:
- 32
- Encuadernación:
- Cartoné
- NOLLEGIUNo lo tenemos. Lo pedimos. 24/48h
- NOLLEGIU CLOTLo tenemos
- NOLLEGIU PALAFRUGELLNo lo tenemos. Lo pedimos. 24/48h
UN GORILA
UN LIBRO PARA APRENDER A CONTAR
BROWNE, ANTHONY
Disponibilidad:
Un gorila, dous orangutáns, tres chimpancés... e ti. Un álbum ilustrado para aprender a contar na compaña dos primates, que malia seren os parentes máis próximos dos humanos, algunhas especies viven ameazadas.
Contando do un ao dez, este álbum para pre-lectores e primeiros lectores é un axeitado achegamento aos números e aos animais da categoría dos primates. Anthony Browne representa tantos individuos como corresponde correlativamente coa cifra numérica. Son debuxos realistas e detallistas, nos que destaca ouso da cor e a expresividade dos simios, que transmiten afabilidade, dozura, picardía, timidez... Nos seus rostros adivíñanse xestos e actitudes propios das persoas. Así, a obra contén unha segunda lectura: coma outros animais, os primates teñen sentimentos. E malia que evolutivamente son os parentes máis cercanos dos humanos, a supervivencia dalgunhas especies está seriamente ameazada. O autor e ilustrador implícase directamente na difusión desta mensaxe, cun autorretrato seu ao que segue unha foto' antropolóxica que reflicte a diversidade de razas e culturas de todo o mundo, coma un espello no que calquera lector/a pode verse retratado/a.
"O que máis me gusta dos simios como personaxes é a súa universalidade. (...) A universalidade dos simios asegura que todos os nenos poidan identificarse con eles, no só os de certa idade, época ou raza". [ Anthony Browne: "Jugar el juego de las formas", FCE, 2011 ]