
- Editorial:
- XERAIS
- Año de edición:
- 2022
- Materia:
- Cinema
- ISBN:
- 978-84-1110-144-8
- Páginas:
- 184
- Encuadernación:
- Cartoné
- NOLLEGIULo tenemos
- NOLLEGIU CLOTNo lo tenemos. Lo pedimos. 24/48h
- NOLLEGIU PALAFRUGELLNo lo tenemos. Lo pedimos. 24/48h
MARÍA CASARES FRONTE AO ESPELLO
HERMIDA, SABELA
Disponibilidad:
María Casares (1922-1996). Galega. Actriz. Un mito do cine francés.
Neste libro, a tamén actriz galega Sabela Hermida aborda a figura e o legado de María Casares, realizando unha retrospectiva da súa biografía, da súa evolución artística e da súa concepción da arte dramática, influenciada en gran medida pola corrente existencialista francesa e pola experiencia do exilio.
Nacida na Coruña en 1922 e falecida en Alloue, Francia, en 1996, María Casares atopou no teatro unha patria eterna e universal. A importancia do seu legado artístico e filosófico é sobresaliente para o teatro do século XX, especialmente para o teatro do exilio, xa que se converteu nun referente para as vangardas da época e nunha auténtica icona para a intelectualidade republicana e galeguista exiliada en Latinoamérica.