- Editorial:
- XERAIS
- ISBN:
- 978-84-9121-548-6
- Páginas:
- 336
- Encuadernación:
- Rústica
- NOLLEGIUNo lo tenemos. Lo pedimos. 24/48h
- NOLLEGIU CLOTNo lo tenemos. Lo pedimos. 24/48h
- NOLLEGIU PALAFRUGELLNo lo tenemos. Lo pedimos. 24/48h
GALILEO NO ESPELLO DA NOITE
PAZ, XABIER
Disponibilidad:
Galileo, un dos astrónomos máis célebres da humanidade, vese proscrito de vello, condenado polo Santo Oficio. El, que fora filósofo oficial na corte dos Medici e persoa reputada e achegada á curia pontificia, agora está maldito. Desde a vellez, o sabio cavila sobre a súa vida e a súa desgraza.
Galileo no espello da noite é unha novela que nos mergulla na súa propia memoria, a través
da que desfilan o cativo acosado pola nai, o estudante irreverente, o home testalán, o pai de familia e o filósofo e científico xenial. Sen esquecer a importancia que tiveron as mulleres na súa vida, sobre todo a súa filla, a narración vai compoñendo o tapiz dunha traxedia na que, canto máis avanza o seu coñecemento dos ceos máis o apertan as ameazas dos rivais e inimigos.