Velaquí este poemario de Alba Cid, unha poeta chamada a ocupar un lugar de seu na poesía galega próxima.
Recoñecida dende moi nova en moitos certames poéticos, publica agora Atlas, un texto singular en que a palabra e a imaxe viaxan da man canda a ollada asombrada da poeta. Etimoloxías, historias naturais, prácticas culturais diversas Os poemas e as fotografías fan calas nos cinco continentes e desprázanse adiante e atrás na historia á procura de encrucilladas luminosas. Unha nova cartografía. Un novo planeta.