0

Búsqueda de Editorial : XERAIS 415 resultados

XERAIS
Quitar filtros
  • ASTÈRIX EN LUSITANIA
    ASTÈRIX EN LUSITANIA
    GOSCINNY, RENE / FABCARO
    Un antigo escravo lusitano, xa coñecido, acode á aldea gala na procura dos poderosos efectos da poción máxica. Para Astérix e Obélix comeza unha nova viaxe e unha nova aventura! ...

    10,90 €

  • AS OBRAS POSTUMAS
    AS OBRAS POSTUMAS
    GIRALDEZ, DIEGO
    Logo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra póstuma. Pilar, xa con moitas dificultades, vaille ditando a unha amiga que a acompaña algunhas pasaxes da súa vida e, sobre todo, a súa particular relación co centro psiquiátrico San Simeón, que contemplou dende pequena asomada á venta do seu cuarto. Mais o vínculo ...

    16,95 €

  • ASKJA
    ASKJA
    FRAGA, MANUEL A.
    Ana viaxa polo leste de Islandia con Xurxo, a súa parella, cando a erupción do volcán Askja pon en pausa a súa vida. Confinada nunha casa de hóspedes mentres agarda a evacuación, o tempo parece dilatarse e a atmosfera faise cada vez máis irreal. Ana aproveita a paréntese para rememorar varios episodios cos homes da súa vida e decidir se realmente está namorada de Xurxo. Porén,...

    17,50 €

  • ONDE NACEN AS BESTAS
    ONDE NACEN AS BESTAS
    FEIJOO, PEDRO
    Entre o lume do val e as néboas da serra, algo se revolve nas entrañas da Galicia máis feroz e descarnada. Unha serie atroz de asasinatos espertará a memoria dun nome perdido no tempo e, como nun segredo que se comparte en voz baixa, un temor comezará a repetirse nos rumores: «Volveu o Sacaúntos...». «Onde nacen as bestas» é unha novela sobre o lado salvaxe do noso propio ser...

    23,50 €

  • (G).DONA PROBLEMAS, RESCATADORA DE MASCOTAS.(MERLIN 7 ANOS)
    (G).DONA PROBLEMAS, RESCATADORA DE MASCOTAS.(MERLIN 7 ANOS)
    O HEMATOCRITICO
    Tras os seu enfrontamento coa mestra «influencer», que foi retransmitido por televisión, Carlota (Dona Problemas) converteuse nunha celebridade entre nenos e nenas. Recoñécena pola súa cidade e mesmo lle piden selfies e axuda para problemas cotiáns. Así e todo, nin Dona Problemas nin Xoán, o seu axudante, esperaban recibir na escola a visita dunha nena preocupada pola desapari...

    12,50 €

  • O MISTERIO DAS ZOCAS
    O MISTERIO DAS ZOCAS
    CARIDE, RAMON
    María, Frida, Nursa e Xeria, as catro músicas ambulantes que cantan en feiras, festas e romarías, vense implicadas nun estraño misterio. Unhas zocas moi noviñas, penduradas no alto das árbores, semellan querer avisalas de algo importante. O novo camiño que empezarán deste xeito vainas levar a viaxes inesperadas, perigos mortais, feitizos insólitos, dilemas vitais e probas asom...

    12,95 €

  • TACON, PUNTA, TACON
    TACON, PUNTA, TACON
    IGLESIAS, ANXO
    No universo, unha galaxia; nela, un sistema solar, un planeta, un continente, unha península e, na súa punta máis salgada, un recanto feliz. Un lugar onde os mexillóns non xogan ao béisbol e Doraemon ten gardado no seu peto máxico un chimpín. Alí poderás facer piragüismo, empanadas, beatbox... e mesmo cantar un gol! Un sitio distinto, de mulleres bravas e cabalos ao galope, on...

    12,95 €

  • BISCOITO DE CASTAÑAS
    BISCOITO DE CASTAÑAS
    MOJÓN, LUCÍA
    Unha tarde de outono; unhas castañas desaparecidas e a lenda da Cova da Pena Grande. Pai e filla gozan xuntos dunha tarde de aventuras para descubrir o misterio das castañas grazas á bisa. Serán quen de chegar ata a cova superando todos os obstáculos que presenta o camiño Estará alí a solución ao misterio Un divertido álbum ilustrado que nos lembra o valor da imaxinación, dos ...

    15,50 €

  • HEARTSTOPPER 3
    HEARTSTOPPER 3
    OSEMAN, ALICE
    O Charlie nunca pensou que puidese gustarlle ao Nick, mais agora son mozos oficialmente. O Nick mesmo encontrou o valor para saír do armario coa súa nai. Porén, saír do armario non é algo que pase só unha vez: está o irmán máis vello do Nick e unha viaxe do instituto a París, sen esquecer todas as outras amizades e familiares... e a vida pode ser difícil, mesmo con alguén que ...

    15,95 €

  • A FALSA AUTÓNOMA
    A FALSA AUTÓNOMA
    CASTAÑO, YOLANDA
    Escuro e descarado como a mellor Yolanda Castaño, «A falsa autónoma» solta un obús sobre contidos infrecuentes para a poesía e sinala o impacto emocional que poden ter as dificultades económicas. Faino cun fondo simbolismo capaz de falar de débeda, obediencia e autoexplotación dun xeito transcendente. Un poemario sobre a fustrigante servidume do traballo, nomeadamente o dun ca...

    13,50 €

  • A MALDICION DO PAPIRO ALEXANDRINO
    A MALDICION DO PAPIRO ALEXANDRINO
    GARCIA TURNES, BEATRIZ
    Nadal de 1918. Ao finalizar a Gran Guerra, Atenea Donadieu regresa a Francia para iniciar os seus estudos universitarios. Axiña, a súa intelixencia e os seus coñecementos chaman a atención na Facultade e levan a súa compañeira Olga Aleksandrova a facerlle unha encarga moi especial: debe axudarlle a recuperar un antigo papiro roubado. Deste xeito, Atenea non só lle fará un gran...

    13,50 €

  • I'M OBELIX
    I'M OBELIX
    FERNANDEZ FERNANDEZ, RAQUEL
    Isma, un mozo de 13 anos, afronta un novo curso do instituto cun cambio significativo na súa vida: unha diagnose de TDAH. O que en principio semella algo positivo para a familia, xa que chega acompañado de respostas -e mesmo de certo alivio-, converterase nun drama no ámbito escolar, onde o protagonista terá que enfrontarse ao descoñecemento e á falta de sensibilidade dun sect...

    13,50 €

  • CAPITAN LENTELLA 2. UNHA NOVA CHUVIA DE ESTRELAS
    CAPITAN LENTELLA 2. UNHA NOVA CHUVIA DE ESTRELAS
    CAMPOS, JORGE
    Tras a aventura que viviron na Terra, os intrépidos exploradores espaciais Lalo e Rufino, acompañados agora tamén por Bicudo, continúan a viaxe polo Universo. Un novo encontro coa mosca desviará o seu rumbo unha vez máis, aínda que nesta ocasión non serán os únicos que vaian tras dela... Quen é esa misteriosa xoaniña e a que se refire cando fala da «Chuvia de Estrelas» ...

    13,95 €

  • O TIGRE NA BOCA DO LAGARTO
    O TIGRE NA BOCA DO LAGARTO
    DOBAO, X. ANTON
    Unha parella que se perde no medio da fraga e se reencontra, un eterno retorno entre a paixón erótica e o abismo, a vida que constrúe o desexo ou o desexo que organiza a vida, o azar e a súa tráxica e caprichosa vontade, as lóxicas do dominio e o control, da rebelión e a sabotaxe, o desafío material da realidade e as opresións do traballo, as normas do éxito e do fracaso, a lo...

    19,50 €

  • AXENCIA GALEGA DE ASUNTOS MAXICOS
    AXENCIA GALEGA DE ASUNTOS MAXICOS
    ALONSO DIZ, MIGUEL
    A vida pode cambiar nun só día. Que digo nun día! Nunha hora, nun minuto ou mesmo nun segundo. Iso é o que lle pasou a Gabriel e iso é o que che pode pasar a ti se te atreves a camiñar polas páxinas deste libro. Entra no «Andel secreto» e acompaña a Gabriel e á súa veciña Lucía a coñecer un mundo cheo de maxia que, como comprobarás, está máis preto do que imaxinas. ...

    13,50 €

  • ANTOLOXIA DO REXURDIMENTO (1853-1916)
    ANTOLOXIA DO REXURDIMENTO (1853-1916)
    NICOLAS, RAMON
    O Rexurdimento representa un período brillante e inaugural da literatura galega. Esta «Antoloxía do Rexurdimento», preparada por Ramón Nicolás, sintetiza á perfección o espírito e as voces dese momento crucial. Logo dun breve estudo introdutorio e de notas biográficas actualizadas, atopamos unha coidada selección de textos literarios poéticos, narrativos, teatrais ou ensaístic...

    13,50 €

  • UXIA E O MAR
    UXIA E O MAR
    MERLAN, PAULA
    Uxía tiña un soño grande, moi grande... Xigante! Ver o mar. ...

    15,50 €

  • HABITAR AS FENDAS
    HABITAR AS FENDAS
    MATO, GISELE
    «Habitar as fendas» é unha reflexión sobre a vulnerabilidade propia á existencia humana. Interpela a quen le confrontándoo a unha violencia incómoda e ás distintas capas do sufrimento. Tece un diálogo que nace do individual e se proxecta cara ao colectivo, dando voz ás desposuídas, ás que viven nas marxes e loitan por seguir camiñando na superación do abandono e dos múltiples ...

    12,95 €

  • TODO O QUE DOE
    TODO O QUE DOE
    CARAMES GORGAL, MARIA CARMEN
    Levamos un tornasol de receo nos ollos e no corazón unha ferida aberta que non estiña nunca. Quizais porque fomos nenez nun cuarto cego para os afectos diferentes, quizais porque fomos voz amordazada por unha culpa salvaxe que nos era impropia, quizais porque non houbo espello de corpo enteiro no que mirarnos xuntas nin rúas que nos acollesen sen censurarnos. ...

    12,95 €

  • OS ANOS TRANQUILOS
    OS ANOS TRANQUILOS
    PEROZO PORTEIRO, LLERENA
    Cando María García nace, a comezos do século XX nunha aldea da montaña asturiana, as súas cartas semellan estar botadas. Todo parece indicar que o destino dela será medrar, vivir e morrer onde naceu. Mais aquela rapaza, que cría contar coas súas mans como único patrimonio, descubrirá axiña un comodín extraordinario que lle vai permitir percorrer medio mundo: a súa mente prodix...

    19,50 €

  • TERANGA
    TERANGA
    MACEDA, BEATRIZ
    «Vencerse é cousa de se tratar.» Este verso da escritora Xela Arias é o xermolo da historia dun grupo de rapazas que son quen de superar todos os atrancos que xorden na súa vida persoal e no instituto grazas á «Teranga» e á riqueza de compartir as palabras que nos definen nas distintas culturas. Aquel fora un curso escolar inesquecible para todas, porque o amor, o compañeirism...

    13,50 €

  • A SOIDADE DO INQUISIDOR
    A SOIDADE DO INQUISIDOR
    BLANCO, ALBERTE
    Durante o último terzo do século XVI, chegaron á casa do Santo Oficio de Compostela rumores sobre prácticas pouco acordes coa doutrina católica no condado de Monterrei. O licenciado Xoán de Freixedo será o encargado de dirixirse á comarca do sueste ourensán para iniciar unha pescuda co fin de aclarar a natureza dos rumores. A aparición duns cadáveres de mulleres novas mortas e...

    19,50 €

  • FERIDA IMAXINARIA, A
    FERIDA IMAXINARIA, A
    DAVILA, BERTA
    RECOMANACIÓ NOLLEGIU:L'Elisa diu:Berta Dávila explora en esta novela, las complejas relaciones que pueden darse entre hermanos. Los silencios, la huidas y la pérdida. Explica cómo lo que no se dice acaba afectando lo que pensamos y lo que piensan los demás. También la encontraréis traducida al catalán en la Editorial Les Hores y en castellano en la editorial Destino. «A ferida...

    18,95 €

  • SONORA
    SONORA
    PATO, CHUS
    «Sonora» é unha conversa entre o poema e a morte. Sonoro é o ollo do lago: algo cae e produce nove acordes, nove ondas no fulgor da noite. Sonora é a alianza que se herda, o anel que grava o nome na cara interna do metal. Sonoro é o coito, a éxtase. Sonora, a orfandade materna que sitúa a escrita deste libro na rompente da estirpe. ...

    13,50 €

  • INCOLORO
    INCOLORO
    MALVÁREZ CARLEOS, JOSÉ
    Os sangue vermello tomaron o control das terras de Aórtica e escravizaron os sangue verde. A única esperanza deste pobo é que se cumpra a profecía segundo a cal un sangue branco conseguirá liberalos. Mentres esperan, uns rebeldes buscan a maneira de atacar o castelo dos sangue vermello, sen moito éxito. Ata que unha descoñecida rapaza chega á aldea... ...

    13,95 €

  • VIVA A COMUNA!
    VIVA A COMUNA!
    MEIXIDE, CARLOS
    «Viva a Comuna!» é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de París na primavera de 1871. É a historia dunha revolución, o relato da toma do poder por parte das clases populares dunha cidade que naquela altura era o epicentro da modernidade. Novela de longo alento, ambiciosa e emocionante, nas súas páxinas cobran vida personaxes irrepet...

    24,50 €

  • A MULLER XABARIL
    A MULLER XABARIL
    CASALDERREY, FINA
    Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro. O relato de Ramiro, envolt...

    18,95 €

  • MIÑOCA E OURIZO
    MIÑOCA E OURIZO
    D. VEIGA, RAMÓN
    Miñoca coñece un ourizo cacholán que di ser faquir, encantador de miñocas e lanzador de pugas pero... será certo Outra aventura de Miñoca onde volve quedar claro que para ser amigos abonda cunha boa pizza carbonara. E con extra de queixo! ...

    13,95 €

  • UNHA ROSA É UNHA ROSA
    UNHA ROSA É UNHA ROSA
    DE TORO, SUSO
    "Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)" é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herdanza en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta. A vella Rosa é seguidora na televisión dos telefilmes do detective tenente Colombo, do que sabemos da súa...

    12,95 €

  • A CULPA
    A CULPA
    SOLAR, MARÍA
    Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e Amand...

    19,95 €